Matrícula na Escola Infantil Municipal

0

Rematados os prazos de presentación de solicitudes para a adxudicación de prazas na Escola Infantil Municipal A Rolada para o curso 2016-2017 (do 1 ao 15 marzo para a reserva de praza e do 16 ao 31 de marzo para as solicitudes de novo ingreso), rexistráronse un total de 22 solicitudes, das cales 14 foron de reserva de praza e 8 de novo ingreso.

A Comisión de seguimento e control efectúa a proposta inicial de cualificación dos expedientes rexistrados, quedando repartidos do seguinte xeito:

– Unidade 0-1: 0 solicitudes
– Unidade 1-2: 9 solicitudes
– Unidade 2-3: 13 solicitudes

O prazo de reclamacións concluíu o 18 de maio sen que se presentase ningunha. Polo tanto unha vez expirado o prazo de reclamacións e logo do acordado pola comisión de seguimento e control da escola infantil na sesión celebrada o 24 de maio acórdase elevar a definitivo o listado provisional do alumnado admitido que fora aprobado por Resolución de Alcaldía o 29/04/2016.

A concesión de praza notificaráselle nestes días a cada unha das familias. Unha vez recibida terán 15 días para formalizar matrícula e o pagamento da mesma. De non presentarse esta documentación entenderase como renuncia á praza. Os impresos están dispoñibles na ligazón que hai a continuación, na Escola Infantil e no Departamento de Igualdade. Será neste último lugar onde haberá que presentar a documentación cuberta -ou directamente no Rexistro- xunto co recibo do pagamento.

Impreso de solicitude de matrícula e anexos
Regulamento da EIM
Resolución definitiva de admisións

Share.