Programa provincial de apoio ao comercio MERCANAVILA 2026

0

Convocado o programa para incentivar a demanda comercial e fomentar o consumo nos establecementos retallistas adheridos situados en concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña. O programa diríxese ás persoas físicas maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de residencia, que se dean de alta na plataforma e utilicen os bonos desconto.

Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.mercanavila.gal deben cumplir coas seguintes requisitos:

  • Pemes e autónomos retallistas que teñan, polo menos, un establecemento comercial aberto en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
  • Estar dados de alta nalgún dos epígrafes do IAE recollidos no Anexo 2 das bases (Comercio polo miúdo de produtos industriais, téxtil, calzado, droguería, mobles, ferraxería, libros/papelería, peiteados e salóns de beleza, etc.).
  • Estar exentos do pago do Imposto de Actividades Económicas (IAE) por aplicación do art. 82.1.c) do TRLRHL

Actuacións subvencionables:

  • A compra de bens, a través de bonos de desconto, nos establecementos comerciais retallistas adheridos ao programa.
  • As vendas subvencionadas serán as que se realicen entre o día 20 de outubro ata o 20 de novembro de 2026.

Estes bonos NON se poderán empregar para a adquisición de tarxetas regalo, vales, bonos ou similares.

Prazo de adhesión dos comercios: desde o día 6 ao 20 de outubro de 2026 ás 9:00 horas.
Prazo de descarga e uso dos bonos: desde o 20 de outubro ata o 20 de novembro de 2026 (ou ata o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible).

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 100 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 20 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 30 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Ligazón á normativa

 

Share.