Subvencións en concorrencia competitiva para o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024. A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024).
Persoas beneficiarias: Beneficiarias da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024, que realizaron a contratación obxecto desa axuda de maneira indefinida inicialmente ou foi transformada a indefinida.
Gastos subvencionables: Os custes salariais e de seguridade social do mantemento no ano 2025 do posto de traballo subvencionado a través da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024, que teña sido creado inicialmente como indefinido ou transformado a indefinido.
Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas á seguridade social , así como outros gastos sociais relativos á incapacidade temporal (IT) da persoa traballadora ou en situación de descanso por nacemento, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, a cargo do empresario.
Período subvencionable: O período máximo subvencionable será de 12 meses, de xaneiro a decembro de 2025.
Prazo de solicitude: do 17/02/2025 , ás 09 :00 horas ata o 17/03/2025, ás 14 :00 horas.
Cantidade: A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custes estimados do mantemento da contratación co seguinte límite:
Importe do orzamento de gastos | Mínimo: 2.000 €
Máximo: 22.000 € (colectivo vulnerable) 20.000 € (colectivo non vulnerable) |
Importe da subvención a conceder | Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional):
Mínimo: 1.000 € Máximo: 11.000 € |
Mantemento dun contrato indefinido a xornada completa:
Mínimo: 1.000 € Máximo: 10.000 € |