Do 17 de febreiro ao 17 de marzo: Subvencións á contratación de persoal en pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-PEMES CRE/AMP 2025)

0

Subvencións á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas. A finalidade destas subvencións é apoiar ás pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas dos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes para a contratación laboral dun/dunha traballador/a.

Persoas beneficiarias: Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro.

Gastos subvencionables: Os custos salariais e de seguridade social da contratación dun/dunha traballador/a a xornada completa ou parcial durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2025. Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas á Seguridade Social, así como outros gastos sociais relativos á incapacidade temporal (IT) da persoa traballadora ou en situación de descanso por nacemento, adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, a cargo do empresario.

Período subvencionable: O período subvencionable comprenderá gastos salariais e de seguridade social das contratacións iniciadas na anualidade 2025 e que teñan unha duración mínima de 6 meses.

Prazo de solicitude: do 17/02/2025 , ás 09 :00 horas ata o 17/03/2025, ás 14 :00 horas.

Cantidade: A contía máxima da subvención a conceder será o 70% do orzamento de gastos co  límite de 15.000,00€ para as contratacións a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a xornadas parciais iguais ou superiores do 50% da xornada ordinaria.

Ligazón á convocatoria

 

Share.