Achegas a fondo perdido e en concorrencia competitiva para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros. Delas poderán beneficiarse as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.
Tipos de superficies obxecto de axuda: Os terreos nos cales a normativa sectorial (urbanística, ambiental, de augas, de patrimonio, etc.) o permita e que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como:
– Forestal (FO)
– Matogueira (MT)
– Pasto con arboredo (PA)
– Pasto arbustivo (PR)
– Pasteiro (código PS)
– Froiteiras (código FY)
– Terras arables (código TA)
Actuacións subvencionables:
– Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito
1. A plantación de castiñeiro, que poderá incluír os gastos de tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, a adquisición de planta, a plantación, a protección da planta (mediante protectores e titores) e a sementeira de especies herbáceas.
2. Os peches perimetrais cando se xustifique a súa necesidade (manexo de gando, fauna… independentemente do tipo de persoa beneficiaria)
3. O panel informativo, en consonancia coa obrigatoriedade da persoa beneficiaria de facer mención á orixe do financiamento das actuacións
4. Os honorarios de redacción de proxecto técnico
– Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro.
Son subvencionables o conxunto das actuacións silvícolas necesarias, agás a poda que queda excluída nestas mouteiras, para a xestión e o aproveitamento, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos tradicionais de castiñeiro, que deberán contar con instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados.
1. As rozas, a eliminación de abrochos secundarios ou chupóns dos castiñeiros, o tratamento do extracto arbóreo secundario (rareo doutras especies arbóreas distintas dos castiñeiros e/ou eliminación dos castiñeiros non produtivos ou enfermos) e a eliminación ou extracción dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento. Nestas mouteiras queda excluída a poda.
2. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiros das variedades para froito recollidas no anexo VIII da orde e enxertados sobre portaenxertos de Castanea sativa Mill. ou Castanea X hybrida.
3. Outras actuacións do sotobosque: a emenda calcaria, a fertilización e o espedrado.
4. Loita integral contra a praga do verme da castaña (Cydia sp, Pammene sp, etc.)
5. Os peches perimetrais cando se xustifique a súa necesidade (manexo de gando, fauna… independentemente do tipo de persoa beneficiaria)
6. Os honorarios de redacción de proxecto técnico
Cantidade: A intensidade da axuda poderá ser de ata o 100 % do investimento total subvencionable. O IVE non é subvencionable. Valores máximos atendibles por actuación e unidades de obra de Liña I e da Liña II: ver ANEXO IX da orde.
Prazo de solicitude: ata o 26/06/2024