Ata o 8 de abril: Solicitude de participación nas probas para obter o Celga nos niveis 1, 2, 3 e 4

0

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, ano 2026 (PL500C). Dirixido a persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras. As probas desenvolveranse entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis: Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid. En Santiago de Compostela realizaranse as probas para Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As sedes e horarios para realizar as probas tamén se publicarán na web da Secretaría xeral, xunto coas listas definitivas de persoas admitidas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 08/04/2026.

Ligazón á convocatoria

 

Share.