O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases polas que se rexerá en San Sadurniño a selección de persoal do programa de integración laboral da Deputación da Coruña PEL-Concellos 2026. O Concello contratará dúas persoas durante seis meses e medio para apoiar o departamento de Obras e Servizos.
Os perfís son o de chofer especialista de primeira a tempo completo para guiar tanto no camión do lixo como na maquinaria agrícola municipal, así como o dunha peoa ou peón especialista de segunda que desempeñe labores de recollida e tratamento de resíduos, limpeza viaria ou control da rede de abastecemento de auga.
O proceso selectivo efectuarase por valoración dos méritos -experiencia e formación- e, de acordo co que estipula o programa provincial, tamén das circunstancias socioeconómicas das persoas aspirantes.
O prazo para presentar as instancias é de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP, de maneira que o último día para botar a instancia será o martes 31 de marzo (incluído). O rexistro da solicitude pode facerse presencialmente no Concello, por correo postal ou a través da Sede Electrónica municipal (ou doutra Administración).
Anuncio publicado no BOP do 24/03/2026
Anuncio publicado no BOP en PDF (a parte final é o anexo que se debe cubrir e presentar como solicitude)