Ata o 14 de marzo: Solicitude de axudas para Cultura

0

Publicadas no BOP do 30/01/2018 as bases e maila convocatoria de subvencións destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido da Cultura no ano 2018.  O montante total das axudas ascende a 20.000 euros, distribuídos da seguinte maneira: 15.000 euros para actividades culturais (máximo de 4.000 euros de axuda), 2.000 euros para infraestrutura das entidades que dispoñan de local en propiedade ou en rexime de alugueiro e 3.000 euros para comisións de festas, cun máximo de 300 euros de axuda para cada unha delas. A data límite para a presentación de solicitudes remata o 14 de marzo de 2018.

Documentación descargable:
Bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia
Anexos de solicitude: .ODT, .DOC.PDF

Share.