Resolución admisións na Aldea de Verán mes de xullo

0

A Aldea de Verán é un programa do departamento de Igualdade que busca ofrecerlle á rapazada de entre 3 e 12 anos un espazo de lecer e educación durante as vacacións estivais, ao tempo que lles facilita ás familias conciliar traballo e coidado dos nenos e nenas neses dous meses en que están na casa. Para este ano ofertáronse entre 40 e 45 prazas que cubriron por orde de solicitude dándolle prioridade ás familias empadroadas no municipio.  

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, en data 16 de xuño de 2017, recibíronse 54 solicitudes que se corresponden con 26 empadroamentos no concello de San Sadurniño, 3 con vinculación laboral no municipio, 8 con relación escolar no cpi e 17 sen vencello de ningún tipo co concello.

As familias admitidas están convocadas a unha reunión o vindeiro mércores 28 de xuño ás 19.30 horas no Salón de Plenos do Concello. O programa comeza o luns 3 de xullo, aínda sendo festivo local.

Resolución coas admisións no programa Aldea de Verán 2017 correspondentes ao mes de xullo

Share.