Proceso selectivo de persoal do programa PIL 2020

0

Publicada a lista de persoas admitidas para participar no proceso selectivo do programa de integración laboral 2020 financiado pola Deputación da Coruña, de cara á cobertura con carácter temporal de 1 posto de condutor/a da maquinaria municipal e 1 de albanelaría e 1 de peón ou peoa de obras.

As persoas que se relacionan na lista deberán presentarse este mércores, 10 de xuño, ás 9.00h. para participaren na proba oral de selección, que versará sobre os coñecementos dos labores que se han de desenvolver e sobre o territorio municipal. A proba terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello (patio interior do pazo).

Na relación de persoas admitidas e de convocatoria para a proba tamén se indica a documentación que se deberá presentar.

Lista de persoas candidatas remitida polo SPEG

Publicación do 11/06/2020: Acta da valoración do proceso de concurso oposición, na que se recollen as asignacións de puntuacións para os postos de condutor/a da maquinaria municipal, albanel e peón.

Acta da xuntanza da comisión seleccionadora celebrada o 10/06/2020

 

 

 

Share.