Proceso selectivo 3 contratos temporais dentro do PEL-Reactiva da Deputación

0

San Sadurniño é un dos concellos beneficiarios das axudas do PEL-Reactiva 2022 convocado pola Deputación da Coruña, que dirixe unha das súas liñas á contratación temporal de persoas desempregadas como reforzo en distintos servizos municipais.  Neste sentido o Concello ten asignada unha partida de 31.000 euros cos que se custearán tres contratos de seis meses de duración de unha persoa para conducir os camións municipais, un ou unha profesional da carpintaría e un peón ou peoa especial que apoie co seu traballo a recollida de lixo, a limpeza viaria e pequenas obras. O proceso selectivo para cubrir estes contratos levarase a cabo a partir dun listado de persoas desempregadas remitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

As características das prazas e as funcións do persoal que se vai contratar con carácter temporal son as seguintes:

  • 1 Condutor ou condutora: 6 meses de duración a tempo completo para guiar nos camións e outra maquinaria municipal, cun salario bruto mensual de 1.590,85€ (pagas extra prorrateadas). Cómpre estar en posesión do carné tipo C.
  • 1 Carpinteira ou carpinteiro: 6 meses de duración a tempo parcial de 6 horas diarias para facer labores de mantemento en instalacións e edificios municipais. O salario bruto sitúase nese caso en 1.250,03€, tamén coa parte proporcional da paga extra correspondente repartida nos seis meses de duración do contrato.
  • 1 Peón ou peoa especial: 6 meses de duración a tempo parcial de 6 horas ao día apoiando a recollida do lixo, a limpeza viaria e obras no abastecemento de auga. O salario mensual, coas extras tamén prorrateadas, será de 1.187,01 euros brutos. Nas bases sinálase que a persoa para contratar estea capacitada para traballar con rozadoira de fío.

Documentación xerada durante o procedemento:
Bases da convocatoria (publicadas en web o 16/03/2022)
Acta do proceso de selección e proposta de contratación (publicada en web o 28/03/2022)

 

Share.