Preinscrición no campamento deportivo da Deputación da Coruña

0

O Concello volve participar na convocatoria dos campamentos deportivos de verán organizados pola Deputación da Coruña, que este ano se desenvolverán do 19 ao 25 de agosto no Centro Residencial Docente da Coruña. Estes campamentos van dirixidos a rapazada de entre 9 e 14 anos -feitos neste 2017- e para participar neles pode facerse unha inscrición previa na Casa da Cultura ata 16 de xuño. O Concello só dispón de 2 prazas. Se houbera máis solicitudes farase un sorteo público o luns 19 de xuño ás 12.30h. tamén na Casa da Cultura.

O custe da actividade son 85 euros, nos que se inclúen o aloxamento, a mantenza e as actividades. Cómpre ter en conta que os desprazamentos de chegada e de volta do campamento correrán por conta das familias. Repasemos:

Datas do campamento: do 19 ao 25 de agosto
Lugar e prazo de preinscrición: na Casa da Cultura ata o 16 de xuño
Sorteo: luns 19 de xuño ás 12.30h. na Casa da Cultura
Nº de prazas: 2
Idades: 9 a 14 anos
Prezo: 85 euros (que deberán pagarse unha vez que se confirme a obtención de praza)
Requisito: a rapazada ten que estar empadroada en San Sadurniño

Share.