O experto Iago Vilela explica as claves da apicultura profesional

0

A Casa da Xuventude de San Sadurniño acolleu este serán a penúltima charla do ciclo “Apostando polo sector primario”, organizado polo Concello de San Sadurniño en colaboración coa AGFA do Eume, a Asociación Agroecolóxica A Cortiña e a Casa do Mel. O enxeñeiro e apicultor Iago Vilela -técnico na Casa do Mel- deunos algunhas razóns para dedicarnos á apicultura, ademais de información sobre como facelo: axudas, alta como persoa apicultora profesional, posta en funcionamento da explotación, comercialización, contabilidade, etc.

O próximo venres 6 de maio rematamos o Apostando… deste ano convidando a José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, que traballa desde hai décadas no desenvolvemento agrario e económico do rural galego. A entidade ten en marcha un programa de apoio ao emprendemento do que xa xurdiron varios proxectos dedicados á produción e transformación agroalimentaria.

A charla desenvolverase tamén na Casa da Xuventude a partir das 18:30h. Hai que anotarse no 616 332 919 ou en agustin.perez@sansadurnino.gal.

Share.