Nuns días temos outro Venres en Sansa!

0

Os Venres en Sansa! é un programa de lecer alternativo dirixido á xente nova de San Sadurniño. Propóñense múltiples actividades gratuítas que se desenvolven en tres venres de xuño, setembro e outubro. O de xuño xa foi, pero aínda podedes apuntarvos aos do 14 de setembro e do 12 de outubro. Tedes que pasar polo Concello ou pola Casa da Cultura, como moi tarde, o mércores anterior a cada un deses días e entregar alí a ficha de inscrición que hai dispoñible nesta ligazón.

A maior parte das actividades son para a mocidade con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos, aínda que tamén se pode acceder a elas tendo máis anos sempre que haxa vacantes. Os obradoiros arrancan no serán e esténdense ata a madrugada, con duracións que andan entre a hora e media e as dúas horas.

O venres 14 de setembro ofrécense danzas urbanas, graffiti, mindfulness, preparación de combinados sen alcol e tamén pilotaxe de drons, aínda que para este último xa non quedan prazas. O venres 12 de outubro a oferta componse de parkour, baile moderno e salsa, zumba, malabares e unha quedada BTT nocturna con ata 200 participantes.

Os Venres en Sansa! están organizados pola área de Cultura, Deportes, Ensino e Mocidade, en colaboración co club BTT Biela e Chaveta e con Brío. Quen desexe asistir ás propostas do 14 de setembro deberá apuntarse no Concello, mentres que as inscricións para outubro se recollerán xa na Casa da Cultura. Os horarios de cada un dos obradoiros e o número de prazas dispoñibles son os seguintes.

Venres 14 de setembro

Danzas urbanas
Horario: 19.00 a 21.00h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Cultura
Idades: 12 a 35 anos
Manexo de Drons – PRAZAS XA CUBERTAS!
Horario: 19.15 a 21.15h.
Nº de prazas: 12
Lugar: Pavillón municipal
Idades:12 a 35 anos
Graffiti
Horario: 21.15 a 23.15h.
Nº de prazas: 40
Lugar: Muro do CPI
Idades: 12 a 35 anos
Mindfulness
Horario: 21 a 23.00h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Cultura
Idades:12 a 35 anos
Cócteles e combinados sen alcol
Horario: 23.00h a 01.00h.
Nº de prazas: 15
Lugar: Aula do patio cuberto do CPI
Idades:12 a 35 anos

Venres 12 de outubro

Ruta BTT Nocturna
Horario: 19.00 a 01.00h.
Nº de prazas: 200 (Bici, casco e lanterna)
Lugar: Saída e chegada no CPI
Idades: 12 a 35 anos
Baile moderno e Salsa
Horario: 19.30 a 21.30h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Cultura
Idades:12 a 35 anos
Malabares
Horario: 19.30 a 21.30h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Ximnasio do CPI
Idades: 12 a 35 anos
Zumba
Horario: 21.30 a 23.00h.
Nº de prazas: 30
Lugar: Ximnasio do CPI
Idades: 12 a 35 anos
Parkour
Horario: 21.30 a 23.30h.
Nº de prazas: –
Lugar: Casa da Cultura
Idades: 12 a 35 anos

 

Share.