Malasombra tráenos este domingo “D.E.P., unha comedia de morte”

0

A Concellaría de Cultura programou para este domingo 27 de novembro unha obra teatral na que a risa está asegurada co triunvirato Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal, que presentan “D.E.P. unha comedia de morte”. Nela mestúranse ingredientes tan de noso como a morte, a cobiza e as herdanzas. A peza está posta para as 19.00h. con entradas a 5€, que se poden reservar chamando ao  616.332.919 ou no email agustin.perez@sansadurnino.gal.

Os protagonistas de “D.E.P., unha comedia de morte” son os malasombras Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal, que se poñen ás ordes de Marcos Orsi para interpretaren unha comedia negra na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza.

A peza -escrita por Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez- é un retrato caricaturesco do lado máis cruel do ser humano encirrado pola disputa de bens materiais e presenta unha situación  que seguramente todos e todas vivimos ou vimos algunha vez.

Porén, a cousa aínda vai máis aló cando as loitas de partillas se fan co corpo presente dunha testante aínda viva e cando quen xa andan a repartir o seu legado tamén buscan maneiras de darlle o “empurrón definitivo”. “D.E.P.” é un mortal relato sobre a vida mesma.

Quico Cadaval en Naraío o sábado que vén
En relación co humor e a retranca cómpre lembrar a cita que temos o sábado 3 de decembro en Naraío. Ese día a asociación veciñal organizou a segunda edición da Festa da cervexa artesá con dúas partes -ou tres- ben diferenzadas. A partir das 16.00h, o experto Miguel Soto ofrecerá un curso de elaboración de cervexa -5€ persoas socias e 10€ non socias- que xa ten aberto o prazo de inscrición a través do teléfono 646 502 566. Tralo curso, a iso das 20.00h., hab

Quico Cadaval actuará o sábado 3 en Naraío con entrada de balde

Quico Cadaval actuará o sábado 3 en Naraío con entrada de balde

erá unha degustación aberta ao público de cervexa feita previamente pola asociación acompañada de bolos preñados e, para pechar a noite, O Castelo de Narahío convidou a Quico Cadaval.

Non ofrecerá un monólogo, senón máis ben un parrafeo con ese estilo pausado e reflexivo que el ten de contar cousas que lle pasan na vida ou reflexións que ten na cabeza. Subirá ás táboas do local social da Veiga sobre as 21.30h. con entrada de balde para calquera persoa que se queira achegar, aínda que non participase no curso de cervexa.

Share.