Exposición pública de aprobación de padrón fiscal abastecemento domiciliario de auga potable primeiro trimestre de 2017

0

Publicado no BOP do 2/5/2017 o anuncio no que se recolle que a Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión celebrada o día 21 de abril de 2017, acordou aprobar o padrón cobratorio correspondente ó abastecemento domiciliario de auga potable do 1º trimestre do ano 2017, e de conformidade co disposto no artigo 124 da Lei xeral tributaria e 88 do Regulamento xeral de recadación, o citado padrón mediante o presente sometese a información pública polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste concello, para que as persoas interesadas poidan examinalo e, no seu caso formular as reclamacións que estimen oportunas.

Durante o prazo de exposición pública os interesados poderán interpor recurso de reposición perante o Concello de San Sadurniño, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao de finalización do período do exposición. Contra a resolución de recurso de reposición poderá interpoñer, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses.

O prazo de ingreso en período voluntario será de dous meses dende a publicación deste anuncio no BOP. Transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros e os recargos que legalmente procedan.

No relativo ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a esixencia do mesmo ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.

Share.