Do 9 ao 16 de maio, exposición pública do Censo Electoral

0

A disolución das cámaras e a convocatoria de eleccións para o próximo 26 de xuño obrigan a abrir un novo período de exposición do Censo Electoral, que poderá consultarse polas mañás no Rexistro do Concello entre o 9 de maio e o 16 de maio, ambos días incluídos.

As consulta e/ou modificación só pode solicitala  a persoa interesada e para iso deberá identificarse con algún dos seguintes documentos: DNI, pasaporte ou carné de conducir con fotografía. No caso de solicitar algún cambio nos seus datos censuais deberá cubrir  o impreso correspondente -que lle facilitarán no propio rexistro- e achegar unha copia do documento de identificación.

Para quen xa votase algunha vez o normal é que todos os datos estean ben a menos que cambiase de domicilio ou que aumentase o grao de formación desde a última convocatoria electoral. Porén, nunca está de máis comprobar que todo estea ben. Algo que se recomenda especialmente para quen fixese recentemente os 18 anos e vaia votar por primeira vez o próximo mes de maio. Para calquera dúbida relacionada co censo hai varios teléfonos de consulta: 981 217 439, 981 217 426 e o 901.101.900.

Os horarios de consulta/reclamación no Concello son os seguintes:
-Luns 9 a venres 13 e luns 16 de maio: de 8.30 a 14.00h.
-Sábado 14 de maio: de 9.00 a 13.00h.

Share.