Do 30 de setembro ao 7 de outubro: Exposición pública do Censo electoral

0

As listas do Censo electoral para as eleccións a Cortes Xerais do próximo 10 de novembro poderán consultarse no rexistro municipal entre o 30 de setembro e 7 de outubro, ambos incluídos, en horario de 8.30 a 14.30h. de luns a venres.

Como vén sendo habitual, as listas non están imprimidas en papel, senón que se encontran en soporte informático. Por este motivo a información só se lle facilitará, previa identificación, ás persoas interesadas. Os medios de acreditar a identidade serán o DNI, o pasaporte ou permiso de conducir nos que apareza a fotografía da persoa titular.

No mesmo prazo -entre o 30 de setembro e o 7 de outubro- poderán presentarse reclamacións para subsanar erros que se detecten nos datos, como por exemplo correccións no enderezo ou no nivel de estudos da persoa interesada. As reclamacións presentadas fóra deste prazo non terán efectos neste proceso electoral e resolveranse posteriormente.

Recoméndase que toda a veciñanza en idade de votar acuda comprobar os seus datos, sobre todo quen fixese recentemente os 18 anos ou quen cambiase de domicilio dentro do concello ao longo deste ano.

Share.