Convocatoria de axudas da Deputación da Coruña para entidades

0

O Boletín Oficial da Provincia do día 22 de marzo de 2018 publicou a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2018. De acordo co obxecto da convocatoria poderán acceder a estas axudas as asociacións veciñais, asociacións culturais, entidades socioeducativas e outras de natureza social e/ou asistencial. As asociacións veciñais teñen un tope máximo de subvención de 10.000 euros, as culturais de 30.000, as socioeducativas poderán chegar a recibir 10.000 euros e as sociais ou asistenciais 20.000€, ata un 80% do orzamento de gastos subvencionable.
Bases da convocatoria para actividades culturais

No mesmo boletín tamén se publican as bases correspondentes á financiación de investimentos culturais realizados ao longo deste ano -mobiliario, reformas, compra de material de uso técnico e artístico vencellado ao programa). Os importes que poderán acadar son iguais que no caso anterior, e tamén se pon como límite da contía da subvención un 80% do orzamento presentado.
Bases da convocatoria para investimentos culturais

Canda estas liñas principais, a Deputación convoca, ademais, axudas para masas corais, agrupacións de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato. Neste caso as subvencións que se poderán percibir estarán entre os 1.000 e os 30.000€
Bases da convocatoria para actividade cultural de agrupacións corais, musicais e de baile

Por último, o BOP do 22 de marzo menciona tamén as bases que rexerán as subvencións para festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas que teñan lugar na provincia ao longo de 2018. O importe mínimo de gastos que se pode solicitar son 7.500€ e a subvención estará, dependendo da valoración dos expedientes que cumpran os requisitos, entre os 1.500€ e os 60.000€. Poderase solicitar un máximo do 70% do orzamento de gastos subvencionables.
Bases da convocatoria para entidades sen ánimo de lucro que organicen festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas

 

 

Share.