Concurso-oposición praza temporal APROL Rural

0

Publicadas as bases polas que se rexerá o proceso de contratación de persoal temporal dentro do programa APROL Rural da Xunta de Galicia. A convocatoria fíxose cunha solicitude de aspirantes ao Servizo Público de Emprego de Galicia, quen remitiu o listado sobre o que agora o Concello fará o proceso selectivo medidante concurso oposición.

Contratarase un oficial para traballos forestais a xornada completa durante un período de 9 meses. O seu labor consistirá na roza de espazos públicos e na limpeza viaria.

Documentación descargable:
Bases da contratación
Listaxe de persoas admitidas e data da proba

Listado de puntuacións e proposta de contratación (publicado o 23/06/2020)

Share.