Até o 6 de outubro: exposición do padrón do abastecemento de auga correspondente ao 2º trimestre de 2020

0

Apróbase por Resolución da Alcaldía con data de 8 de setembro de 2020, o padrón cobratorio correspondente ó abastecemento domiciliario de auga potable do 2º trimestre do ano 2020, e de conformidade co disposto no artigo 124 da Lei xeral tributaria e 88 do Regulamento xeral de recadación, o citado padrón someterase a información pública polo prazo de quince días hábiles (ata o 6 de outubro), a contar dende o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste Concello, para que as persoas interesadas poidan examinalo e, no seu caso formular as reclamacións que estimen oportunas.

Durante o prazo de exposición pública as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición perante o Concello de San Sadurniño, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición. Contra a resolución de recurso de reposición poderá interpoñer, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses.

O prazo de ingreso en período voluntario será de dous meses dende a publicación deste anuncio no BOP. Transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros e os recargos que legalmente procedan.

No relativo ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a existencia do mesmo ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación

Share.