Ata o 6 de febreiro: Exposición pública do padrón do servizo do SAF do mes de decembro de 2019

0

O BOP do 16/01/2020 publica o anuncio da resolución na que se aproba o padrón cobratorio correspondente á prestación do servizo de axuda no fogar a persoas dependentes do mes de decembro do exercicio 2019 (que comprende un total de 40 recibos e ten un importe total de 4.450,84 euros), e á prestación do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia do mes de decembro do exercicio 2019, que comprende un total de 10 recibos e ten un importe total de 331,13 euros.

En conformidade co disposto no artigo 124 da Lei xeral tributaria e 88 do Regulamento xeral de recadación, os citados padróns sométense mediante a información pública polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste Concello, para que as persoas interesadas poidan examinalo e, no seu caso formular as reclamacións que estimen oportunas.

Durante o prazo de exposición pública as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición perante o Concello de San Sadurniño, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición. Contra a resolución de recurso de reposición poderá interpoñer, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses.

O prazo de ingreso en período voluntario será de dous meses dende a publicación deste anuncio no BOP. Transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros e os recargos que legalmente procedan.

Anuncio publicado no BOP do 16/01/2020

Share.