Ata o 21 de outubro están expostos ao público os padróns de varios impostos municipais

0

A Deputación da Coruña, organismo que ten delegada a xestión tributaria de varios impostos municipais, publicou recentemente a apertura do período de exposición pública dos padróns do IAE e dos distintos tipos de IBI, é dicir, a “contribución” urbana, rústica e de características especiais. Estes padróns poderán ser consultados polas persoas interesadas na Deputación da Coruña até o 21 de outubro de 2019. As alegacións, se as houber, terán que presentarse mediante recurso de reposición -ou calquera outro que se estime oportuno- no prazo máximo dun mes tralo remate do tempo de exposición pública.

Tanto estes impostos como a taxa pola recollida de lixo  pasaranse ao cobro en período voluntario até o día 20 de novembro. As cartas de pagamento chegarán ás casas e o ingreso poderá facerse en Abanca, Banco Sabadell, BBVA, Banco Santander, Banco Popular Español/Banco Pastor e Caixabank.

Nas cartas tamén figura o prazo de recadación executiva, comprendido entre o 21 de novembro ao 31 de decembro, no que o importe que se deberá satisfacer levará un recargo do 5%. Pasado este prazo xa non se poderán utilizar estes documentos de pagamento e a débeda haberá que satisfacela solicitando un novo recibo nas oficinas de recadación da Deputación: en Narón -no baixo do antigo Concello, en Xubia- os luns, mércores e venres de 9.30 a 14.00h. ou ben en Ferrol, na rúa Naturalista López Seoane 5 -Esteiro- en horario de 9.00 a 14.00h. de luns a venres.

De cara a próximos exercicios e para evitar sobrecustes innecesarios, desde a Deputación da Coruña recomendan domiciliar os recibos utilizando para iso a a folla recurtable que vai nas cartas. No caso de que o pagamento xa estea domiciliado, os servizos de recadación enviaranlle os recibos ao banco para que os cargue en conta o día 18 de outubro.

Anuncio publicado no BOP o 17/09/2019 sobre a exposición pública dos padróns
Anuncio publicado no BOP o 01/10/2019 sobre as normas de cobranza

Share.