Ata o 20 de febreiro: Procedemento de poxa polas vivendas de Bardaos e Naraío

0

Publicadas no BOP do 29/01/2018 as cláusulas económicas e administrativas que rexerán o proceso de alleamento mediante poxa pública de dous edificios de titulariedade municipal habilitados como vivendas, un situado no lugar das Loibas nº 17 (Bardaos) e outro no lugar de Correlo nº1 (Naraío). Trátase das antigas escolas unitarias das Loibas e do Eirixado rehabilitadas en 2013 polo Concello por medio dun plan de emprego.

O tipo da licitación para a vivenda de Bardaos está fixado en  61.193,74 euros e en 50.345,28 euros para a de Naraío. As propostas para este período inicial de poxa poden presentarse no Concello -a través das vías legalmente establecidas- ata o 20 de febreiro de 2018. Toda a información está dispoñible na seguinte ligazón:

Anuncio, bases e anexos publicados no BOP do 29/01/2018

Share.