Ata o 12 de novembro: Preinscrición no Curso de Aplicativos web da Deputación da Coruña

0

A Deputación provincial vén convocar un curso de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web, no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local, para persoas menores de 30 anos. Trátase dun curso dentro do Itinerario de de Información e Comunicación, que inclúe a acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:

IFCD0210 DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)

A formación teórico-práctica realizarase en Arteixo e a data de inicio está prevista para a última quincena de novembro. A duración total é de 680 horas lectivas, e máis 100 horas de orientación laboral.

Este curso está dirixido a persoas menores de 30 anos desempregadas,inscritas na Oficina de Emprego, rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove e que estean empadroadas nalgún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Concello. O prazo para botar a instancia e achegar a documentación remata luns 12 de novembro. Para ampliar información e mesmo para cubrir os papeis pode concertarse cita previa co técnico de Desenvolvemento local a través do 981 490 027.

Máis información:
Documentación completa sobre o procedemento
Anexos coas follas de solicitude

logosPeEixo

Share.