Ata o 10 de marzo: Prestación por fillas ou fillos menores de 3 anos

0

O Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2020 publicou as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para este ano.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

Serán igualmente beneficiarias desta prestación, as fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.

Estas axudas poden tramitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente. Tamén se pode facer o trámite no rexistro municipal e obter axuda e outra información da Educadora Familiar, que atende solicitando cita previa no 981 490 027.

Este será o último ano en que se convoque esta liña, xa que a partir de agora as axudas integraranse dentro da denominada Tarxeta Benvida, que pode solicitarse ao longo de todo o ano.

Share.