Aprazado o cobro do IVTM ata despois do 30 de abril

0

A Deputación da Coruña, como organismo no que San Sadurniño ten delegado o cobro de impostos, informou hai uns días de que inicio do período voluntario do recibo do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (o coñecido como “rodaxe”) se apraza ata despois do 30 de abril.

Por outra banda, a Deputación tamén lembra que para os procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 8/2020, é dicir, os iniciados con anterioridade ao 18 de marzo, suspéndese tamén o prazo ata o 30 de abril .

As liquidacións, autoliquidacións, providencias de prema e demais actos da área tributaria que dean lugar a un pago e que xa estiveran notificadas, pero sen ter concluído os prazos de pagamento, prorróganse tamén ata final do mes de abril.

Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do email atencion.tributaria@dacoruna.gal, así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Share.