Actualización das listas do SAF 2022

0

O Concello mantén aberta durante todo o ano a posibilidade de presentar instancias para entrar formar parte das listas de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Porén, as solicitudes de nova incorporación e as de revisión dos méritos de quen xa forma parte da lista revísanse e actualízanse nos meses de febreiro, xuño e outubro.

Quen queira formar parte das listas de contratación do SAF ou quen estando xa nelas queira que se lle recoñeza experiencia laboral ou formación, ten que presentar a correspondente solicitude antes do día 5 dos meses de outubro, febreiro e xuño. Nas seguintes ligazóns publícanse os documentos xerados en cada unha das quendas de actualización.

Quenda de actualización do mes de febreiro de 2022
Aprobación provisional do listado de aspirantes para a provisión de prazas de Auxiliares de Axuda no Fogar (data de publicación en web: 29/04/2022)
Aprobación definitiva de listado de aspirantes e fixación da data da entrevista para o luns 23 de maio de 2022 ás 13:00h no Salón de Plenos do Concello (data de publicación en web: 19/05/2022)
Listado definitivo quenda febreiro 2022 (data de publicación en web: 15/06/2022)

Quenda de actualización do mes de xuño de 2022

Quenda de actualización do mes de outubro de 2022

Share.