XV Feira Rural

0

San Sadurniño convértese neste día no referente das posibilidades do medio rural a través dun encontro que combina a esencia das feiras de toda a vida coa posta en valor daquelas experiencias que apostan pola sustentabilidade.

Haberá mercado desde primeira hora da mañá -produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man- distribuído polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña.

Entre as actividades paralelas cóntanse as visitas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos con prácticas de poda e enxertado, as degustacións de froitas e produtos do centro A Fusquenlla, os obradoiros de Igualdade para a rapazada, o concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro, sorteos de lotes de produto de proximidade, música ao vivo, xogos tradicionais e, por suposto,  o concurso de froita que se desenvolverá ao longo da mañá e no que cumprirá inscribirse o mesmo día.

Onde xantar
A feira disporá cun posto de comida, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A Granxa, Mesón O Ferrador,  Parrillada Riboira (en Lamas) e Os Cazadores (Santa Mariña do Monte), aínda que convén reservar con tempo de antelación nos que quedan máis preto da feira. Outra opción é vir de merenda e aproveitar algún dos recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).

PROGRAMA DA XV FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO
31 de agosto de 2024, Leira da Cortiña (Google Maps

10:00h Apertura da feira e exposicións: agroalimentación, artesanía, viveiros, maquinaria e 2ª man. As solicitudes deberán presentarse no Concello ou na Sede Electrónica municipal antes das 14:00h do 23 de agosto. Descarga da folla de solicitude e normas de participación e a folla da autoliquidación da taxa.

10:30 a 13:30h Concurso da Froita Autóctona:
– Inscricións de lotes de froita para concurso de 10:30 a 11:30h na carpa principal. Agasallo dunha froiteira  do país só por participar. Descarga das bases do concurso.
– Premios: tres vales de 100€ canxeables en establecementos locais.

11:00h 12:30h Cata-degustación de froita autóctona 

11:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de enxertado.

11:30h Baixadas en kaiak polo Xubia

12:00h O Cego na Feira. Cantares e romances con Oli Xiráldez e Gustavo Couto

12:00h 15:00h Cata-degustación do programa Galicia sabe AMAR

12:30h Visita guiada ao Colmear didáctico

12:45h Obradoiro infantil de Igualdade 

14:00h Entrega de premios do concurso de froita autóctona

14:15h Sorteo de lotes de produto de proximidade  valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello.

TARDE

16:30h XXVIII Concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro (máis información en www.clubcandepalleiro.com)

16:30h Baixadas en kaiak polo Xubia

16:30h a 19:30h Xogos tradicionais

17:00h Actuación dos Campantes da Baña (música tradicional)

17:00h 20:00h Cata-degustación do programa Galicia sabe AMAR

17:15h a 18:45h  Cata-degustación de froita autóctona

17:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de poda de verán

18:30h Visita guiada ao Colmear didáctico

19:00h Obradoiro infantil de Igualdade 

19:45h Segundo sorteo de lotes de froita e de produto de proximidade valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello.

20:15h Clausura da XV Feira Rural.

Exposicións e actividades paralelas durante toda a xornada:
– Froita autóctona da AGFA do Eume.
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente.
– Raza Can de Palleiro.
– Expositor do Concello: Información xeral sobre a feira, xunto con información turística: rutas, que ver, proxecto Terra de Vida e Xeoparque do Cabo Ortegal. O expositor tamén é o lugar de inscrición para as baixadas en kaiak, as visitas guiadas e os obradoiros infantís.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

faldonxvfeira

 

VOLTAR Á PORTADA>>>

Share.