Tres días de fútbol que culminarán cunha grande final na loita polo ascenso a Primeira Futgal

0

Ao CF San Sadurniño xuntóuselle todo o choio durante esta fin de semana. E é que desde hoxe até o domingo, o campo dos Currás vai acoller o XX Torneo de Fútbol 8 no que se darán cita 36 equipos  da base comarcal. Todo un reto loxístico e organizativo ao que, ademais, se lle vai sumar o domingo ás 18:30h o partido de volta entre o equipo local e o Agrón-Barcala, no que será o cuarto e definitivo encontro da escuadra laranxa na súa loita polo ascenso a Primeira Futgal. O fútbol será, polo tanto, grande protagonista destes tres días que nos veñen, ao parecer, con moita calor e cunha alerta por altas temperaturas a partir da xornada do domingo. En calquera caso, ambas citas congregarán moita xente e moito movemento de vehículos nos arredores da piscina. Neste sentido, o Concello acondicionou unha grande zona de estacionamento nunha finca privada e tamén xestionou a colaboración da agrupación de Protección Civil de Neda. 

O torneo de Fútbol 8 disputarase con partidos a medio campo -dous encontros simultáneos- de un só tempo de 20 minutos na fase de grupos e de 25 minutos nas eliminatorias. A rolda empezará a xogarse hoxe venres a partir das 17:00h cos encontros dos oito equipos de prebenxamíns.  A semifinal entre o mellor do grupo A e o do grupo B xogarase ás 20:15h, e a final está prevista para as 21:00h.

O sábado será o día máis intenso, con partidos desde as 10:00h até pasadas as 22:00h. Durante a maior parte da xornada disputaranse os encontros de benxamíns, cun total de 16 equipos,  aínda que tamén se intercalará a fase de grupos A e B de alevíns co obxectivo de acelerar os tempos todo o posible de cara ao domingo, día no que o estadio dos Corrás deberá quedar libre para o partido de volta do CF San Sadurniño contra o Agrón-Barcala (outros anos o torneo de fútbol prolongábase até o serán do domingo).

O terceiro e último día do XX Torneo de Fútbol 8 de San Sadurniño tamén arrancará ás dez da mañá. En primeiro lugar xogarán os grupos C e D e, posteriormente, tocaralles aos encontros de cuartos, semifinais e a grande final, con hora prevista de inicio cerca das 15:00h. A liguiña alevín que se xogará entre a tarde do sábado e a mañá do domingo fórmana 12 equipos.

O Concello colabora co CF San Sadurniño na organización da grande cita futbolística abrindo a piscina de balde para a rapazada xa desde este venres e, ademais, tamén habilitou  un grande espazo de aparcamento nas inmediacións do campo de fútbol. Unha área que tamén axudará a desconxestionar o tráfico por mor do partido de playoff a Primeira Futgal entre o CF San Sadurniño e os amienses do Agrón-Barcala, para o que a Administración local solicitou, ademais, a axuda de Protección Civil de Neda.

O enfrontamento comezará ás 18:30h dunha tarde de domingo que se agarda ben calorosa en canto a clima -a AEMET anunciou a chegada da primeira vaga de calor do verán- pero tamén en canto a ambiente, xa que ambos equipos teñen posibilidades de subir de categoría, aínda que é o CF San Sadurniño quen parte con certa vantaxe despois de ganar na ida 0-1, ademais de xogar na casa.

O factor campo e o apoio da afección serán fundamentais para que o Sansa acade un resultado favorable que certifique un ascenso histórico. Por iso o Concello fai un chamamento a toda a veciñanza para encher o campo da piscina este domingo.

Horarios do xx Torneo de Fútbol 8

PRE-BENXAMÍNS — Venres 19

Fase de Grupos: 1 tempo de 20 minutos | Eliminatorias: 1 tempo de 25 minutos

Grupo A: Irmandiños, Neda, Eume, Valdoviño

Grupo B: Portuarios, Cedeira, O’Val, Perlío

Hora Campo 1 Campo 2
17:00 Irmandiños – Neda Eume – Valdoviño
17:30 Portuarios – Cedeira Perlío – O’Val
18:00 Eume – Irmandiños Valdoviño – Neda
18:30 O’Val – Portuarios Perlío – Cedeira
19:00 Irmandiños – Valdoviño Neda – Eume
19:30 Portuarios – Perlío Cedeira – O’Val
20:15 SEMIFINAL: 1º A – 2º B SEMIFINAL: 1º B – 2º A
21:00 FINAL

ALEVÍNS (Grupos A e B) — Sábado 20 (Tarde)

Fase de Grupos: 1 tempo de 20 minutos | Eliminatorias: 1 tempo de 25 minutos

Grupo A: Ánimas, Eume, Portuarios, Meirás

Grupo B: Perlío “B”, Estrella/Solaina, Irmandiños, Cedeira

Hora Campo 1 Campo 2
16:00 Ánimas – Eume Portuarios – Meirás
17:00 Perlío “B” – Estrella/Solaina Irmandiños – Cedeira
18:00 Portuarios – Ánimas Meirás – Eume
19:00 Irmandiños – Perlío “B” Cedeira – Estrella/Solaina
20:30 Ánimas – Meirás Eume – Portuarios
21:00 Perlío “B” – Cedeira Estrella/Solaina – Irmandiños

BENXAMÍNS — Sábado 20 (Todo o día)

Fase de Grupos: 1 tempo de 20 minutos | Eliminatorias: 1 tempo de 25 minutos

Grupo A: Meirás, Neda, Portuarios, G. Caranza

Grupo B: O’Val/Blanco, Cedeira “A”, Numancia Ares, Estrella/Solaina

Grupo C: Eume, Irmandiños, Valdoviño, Cedeira “B”

Grupo D: San Pedro, Ánimas, Perlío, Ortigueira

Hora Campo 1 Campo 2
10:00 Meirás – Neda Portuarios – G. Caranza
10:30 O’Val/Blanco – Cedeira “A” Numancia Ares – Estrella/Solaina
11:00 Eume – Irmandiños Valdoviño – Cedeira “B”
11:30 San Pedro – Ánimas Perlío – Ortigueira
12:00 Meirás – Portuarios Neda – G. Caranza
12:30 O’Val/Blanco – Numancia Ares Cedeira “A” – Estrella/Solaina
13:00 Eume – Valdoviño Irmandiños – Cedeira “B”
13:30 San Pedro – Perlío Ánimas – Ortigueira
14:00 Meirás – G. Caranza Neda – Portuarios
14:30 O’Val/Blanco – Estrella/Solaina Cedeira “A” – Numancia Ares
15:00 Eume – Cedeira “B” Irmandiños – Valdoviño
15:30 San Pedro – Ortigueira Ánimas – Perlío
16:30 CUARTOS (E): 1º A – 2º B CUARTOS (F): 1º B – 2º A
17:30 CUARTOS (G): 1º C – 2º D CUARTOS (H): 1º D – 2º C
18:30 SEMIFINAL: E – F SEMIFINAL: G – H
19:30 FINAL

ALEVÍNS (Grupos C e D) — Domingo 21

Fase de Grupos: 1 tempo de 20 minutos | Eliminatorias: 1 tempo de 25 minutos

Grupo C: Racing Ferrol, G. Caranza, San Pedro, Perlío “A”

Grupo D: Neda, Numancia Ares, Canido “B”, Ortigueira

Hora Campo 1 Campo 2
10:00 Racing Ferrol – G. Caranza San Pedro – Perlío “A”
10:30 Neda – Numancia Ares Canido “B” – Ortigueira
11:00 Racing Ferrol – San Pedro G. Caranza – Perlío “A”
11:30 Neda – Canido “B” Numancia Ares – Ortigueira
12:00 Racing Ferrol – Perlío “A” G. Caranza – San Pedro
12:30 Neda – Ortigueira Numancia Ares – Canido “B”
13:00 CUARTOS (E): 1º A – 2º B CUARTOS (F): 1º B – 2º A
13:30 CUARTOS (G): 1º C – 2º D CUARTOS (H): 1º D – 2º C
14:15 SEMIFINAL: E – F SEMIFINAL: G – H
14:50 FINAL
Share.