A primeiros de setembro volve o Chanfaina Lab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva na que o protagonismo é de San Sadurniño, da súa xente e da súa paisaxe. O proxecto está aberto a todas as persoas que queiran participar gravando unha peza ou axudándolle de distintas maneiras á xente que vén de fóra: colaborando con ela na localización de escenarios, botándolle un cabo na produción e gravación ou incluso poñéndose diante da cámara como protagonistas das súas historias.
Para esta novena edición xa hai cerca de 40 de participantes confirmados de dentro e fóra de San Sadurniño e un programa de proxeccións e actividades paralelas entre os que destacan os obradoiros impartidos por Kevin Lorenzo, Domingo Díaz Docampo e Juan Lesta, ademais do espectáculo “Sesión contínua”, de Bucanero Teatro.
Como cineastas do IX Chanfaina lab temos a… Ángela Arnosa, Irene Ávila, Bieito Beceiro, Fran da Lobeira, Fon Cortizo, Fernando Cortizo, Xaime Fandiño, Kevin Lorenzo, lago Lourido, María Martelo, Carlos Martínez-Peñalver, Pablo Martínez, Anxo Pena, Cora Peña, Héctor Pousa, Xosé Antón Bocixa, Eva Lareo, Manuel Recouso, Isabel Rei, Álvaro Trigo, Abel Vega, Andrea Zapata, e os colectivos, A Rigueira, NaraíoMedia, Teño unha Horta e The Sungirls.
VENRES 6 SETEMBRO
11:00h a 12:00h RECEPCIÓN DE CINEASTAS na Casa da Cultura.
12:30h ACTO OFICIAL DE BENVIDA na Casa do Concello.
13:00h AMADRIÑAMENTO ÁRBORE CONMEMORATIVA IX CHANFAINA LAB. Finca A
Cortiña.
16:30h RUTA POLO MEDIEVO E FOTO OFICIAL. Visita ao Castelo de Naraío e outros elementos destacados da época guiada polo arqueólogo e historiador Eloi Saavedra (só para participantes no Chanfaina lab)
20:00h PROXECCIÓN “EIRA DE CINEASTAS”. Selección de filmes presentados por cineastas participantes. Casa da Cultura. (Entrada libre): Aurresku: “Nightmares” fragmento de “Young men”, de Mateo Couce; Erosión, de Ángela Arnosa; Libretinhas, de Irene Ávila; O caldo de Marina, de Bieito Beceiro; Unha muller que pasa, de Antón Bocixa; Buscando á Santa Compaña (fragmento), de Isabel Rei e Fernando Cortizo; O trazo das liñas, de Fon Cortizo; Eu, a Escola, de Fran da Lobeira; O tesouro (fragmento), de Xaime Fandiño; Boa viagem, de Eva Lareo; O pano de seda, de Kevin Lorenzo; Velos na tebra, de Iago Lourido; O niño da laverca, de María Martelo; Como desaparecer, de Carlos Martínez-Peñalver; Pedro Chosco, de NaraíoMedia; Manuel (fragmento), de Cora Peña; Hogar y raciocinio, de Héctor Pousa; Honestes (fragmento), de Manuel Recouso; Feminino, de The Sungirls; A última fonte, de Teño unha horta; Exilio, de Álvaro Trigo; A Pena de Vicente, de Abel Vega; Ruovesi (fragmento), de Andrea Zapata-Girau.
SÁBADO 7 SETEMBRO
10:00h Encontro e gravacións de cineastas.
20:00h Proxeccións CLÁSICOS DO CHANFAINA LAB “O castelo de Naraío”. Casa da Cultura. (Entrada libre): 7+1 (2024), de Soraya Yáñez; Madeira de piñeiro e Nova Zelanda non quedaban tan lonxe (2015), de Brais Breijo; Electra (2018), de Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos e Cruz Piñón; Sibila (2017), de Carla Andrade; O Seixo sentido (2024), de Noa Cortizas e Suevia Fernández; Velos na tebra (2024), de Iago Lourido; Con ollos de xigantes (2019), de Ana Martínez; Non teño dono (2019), de The Sungirls.
DOMINGO 8 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
20:00h. TEATRO: “SESIÓN CONTINUA”
Unha homenaxe ao mundo do celuloide interpretada por Xose Bonome, Sabela Hermida e Pedro Picos percorrendo títulos tan coñecidos como 2001, Unha odisea no espazo, O resplandor, Pulp Fiction, Febre do sábado noite, Instinto básico ou Psicose, entre outras. Un espectáculo de humor onde o deseño da luz e o traballo actoral son os piares duna aposta novidosa e singular escrita polo desaparecido Lino Braxe.
Entrada libre.
DO 6 AO 30 DE SETEMBRO
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA sobre as anteriores edicións do Chanfaina lab. A mostra pode visitarse no recibidor da Casa da Cultura durante o horario de apertura do centro e da Biblioteca Municipal
OBRADOIROS
21 e 23 de agosto, de 16:00 a 20:00h – INTERPRETACIÓN, ofrecido polo actor Kevin Lorenzo
28 e 30 de agosto, de 9:30 a 13:30h – SOBREVIVIR A UNHA FILMACIÓN, co documentalista e realizador Domingo D. Docampo
9 e 16 de novembro, de 10:00 a 13:00h – DESPOIS DA RODAXE, TESOIRA, conducido polo realizador Juan Lesta
Todos os obradoiros son gratuitos. Inscricións en cemit.sansadurnino@xunta.gal ou no 616 016 793