Ata o 5 de febreiro: Axudas para instalar valados fixos que protexan dos ataques do lobo

0

Convocadas as axudas dirixidas a fomentar a aplicación de medidas preventivas contra danos do lobo en explotacións gandeiras, incentivando a adquisición e instalación de valados fixos que axuden a protexer o gando fronte a estes ataques. Poderán beneficiarse das achegas as persoas titulares, físicas ou xurídicas, de explotacións gandeiras incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia con gando bovino, ovino, caprino, porcino de raza celta ou equino. As axudas convócanse e réxime de concorrencia competitiva.

Actuacións subvencionables: Subvenciónase a adquisición e instalación de valados fixos adquiridos despois da publicación da orde como medida de prevención dos ataques de lobo.

Non son subvencionables o IVE, o transporte de materiais e a man de obra para a instalación.

Adquisición e instalación de valados fixos: Os valados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas da orde.

  • Valados fixos electrificados: Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 15 e 30 reses de gando menor ou de entre 5 e 10 reses de gando maior, e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses. O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.
  • Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica: Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 25 e 50 reses de gando menor.ou entre 10 e 20 reses de gando maior, e un máximo de 2 cercados por explotación cando.se supere o número das ditas reses. O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.

Prazo de solicitude: ata o 05/02/2026.

Ligazón á normativa

 

Share.