Convocatoria dunha praza de administrativo/a Grupo C1 con carácter de interinaxe

0

Por resolución da alcaldía datada o 27 de setembro de 2017 convócase unha praza de persoal de administración con carácter de interinaxe para a substitución dunha administrativa funcionaria de carreira do grupo C1 trala súa marcha en comisión de servizos ao Concello de Neda.

Deste xeito, a praza convocada correspóndese co grupo C1 na clasificación de Administración xeral, subescala administrativa e clase administrativa, con adscrición á área de Administración xeral e rexistro.

O anuncio da convocatoria publicouse no Boletín Oficial da Provincia do 3 de outubro de 2017 marcando un prazo de 10 días naturais -contados a partir do día seguinte ao da publicación- para presentar as instancias solicitando a participación no proceso.Deste xeito, o prazo finaliza o 13 de outubro.

Segundo se extrae das bases completas que se poden descargar algo máis abaixo, as funcións do posto son:

  • Atender ao público, presencial e telefonicamente
  • Xestionar o Punto de información catastral
  • Dar apoio administrativo na tramitación de expedientes no seu ámbito de traballo, realizando tarefas concretas do procedemento de acordo coas indicacións recibidas e os modelos e circuítos establecidos
  • Elaborar decretos, ditames, oficios e outros documentos administrativos aplicando os modelos de referencia
  • Facerse cargo das actividades de apoio á unidade de adscrición
  • Colaborar mediante a realización de tarefas de apoio administrativo reforzando ás persoas responsables dos proxectos que se realicen dende a área
  • Dar apoio á tramitación de expedientes de contratación mediante a realización das tarefas de apoio administrativo, reforzando ás persoas responsables técnicas do proceso
  • Dar apoio á tramitación dos procesos relacionados coa xestión contable, orzamentaria, patrimonial e de tesouraría mediante a realización das tarefas de apoio administrativo e reforzo ás persoas responsables do proceso
  • Prestar apoio no referente a estatística, padrón, e Xulgado de paz
  • Dar apoio na xestión de subvencións
  • E en xeral, desenvolver todas aquelas tarefas semellantes que lle sexan atribuídas.

Documentación xerada durante o proceso:
Convocatoria e bases publicadas no BOP do 3/10/2017
Bases da convocatoria (PDF)
Anexo 1: Folla de solicitude de participación no proceso en PDF, DOC e ODT
Anexo 2: Temario da fase de oposición (PDF)

 

Share.