Segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4

0

Convocadas as probas para a obtención dos certificados de coñecemento do galego nos niveis Celga 2, 3 e 4, dirixidas ás persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Localidades e datas onde se van realizar as probas e niveis: Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid e terán lugar no mes de novembro os días 14 (Celga 4) , 15 (Celga 4), 21 (Celga 3) e 22 (Celga 2).

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 07/10/2026.

Ligazón á convocatoria

 

Share.