Convocado o programa para incentivar a demanda comercial e fomentar o consumo nos establecementos retallistas adheridos situados en concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña. O programa diríxese ás persoas físicas maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de residencia, que se dean de alta na plataforma e utilicen os bonos desconto.
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.mercanavila.gal deben cumplir coas seguintes requisitos:
- Pemes e autónomos retallistas que teñan, polo menos, un establecemento comercial aberto en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
- Estar dados de alta nalgún dos epígrafes do IAE recollidos no Anexo 2 das bases (Comercio polo miúdo de produtos industriais, téxtil, calzado, droguería, mobles, ferraxería, libros/papelería, peiteados e salóns de beleza, etc.).
- Estar exentos do pago do Imposto de Actividades Económicas (IAE) por aplicación do art. 82.1.c) do TRLRHL
Actuacións subvencionables:
- A compra de bens, a través de bonos de desconto, nos establecementos comerciais retallistas adheridos ao programa.
- As vendas subvencionadas serán as que se realicen entre o día 20 de outubro ata o 20 de novembro de 2026.
Estes bonos NON se poderán empregar para a adquisición de tarxetas regalo, vales, bonos ou similares.
Prazo de adhesión dos comercios: desde o día 6 ao 20 de outubro de 2026 ás 9:00 horas.
Prazo de descarga e uso dos bonos: desde o 20 de outubro ata o 20 de novembro de 2026 (ou ata o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible).
Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 100 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 20 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 30 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.