XXIV Feira da Plantación de San Sadurniño

0

851X315 (1)O domingo 28 de abril San Sadurniño volverá vestirse coas cores da primavera nunha nova edición da Feira da Plantación, o escaparate da produción floral e de planta ornamental da comarca que tamén reunirá artesanía e outros artigos relacionados con este mundo. O Concello volve organizar o evento no que colaboran Planteles Vivergal, a Deputación da Coruña e a Asociación Brío, ademais dos postos que acudirán á cita con toda a súa oferta.

A XXIV Feira da Plantación contará principalmente con planta de temporada coa que decorar xardíns e balcóns, pero tamén con árbores froiteiras e materia prima para poñer morteiros -pemento, leituga, tomateiras, etc.- que converten o contorno do colexio público e o campo do bispado no lugar ao que hai que vir, si ou si, para facerse con todo o necesario, incluídas sementes, ferramentas e maquinaria.

Os postos que desexen participar na feira teñen nesta ligazón as bases e maila folla de inscrición, que deberá presentarse antes das 14h. do día 24 de abril no rexistro municipal, por correo postal ou enviándoa a agustin.perez@sansadurnino.gal

Ademais, o Concello tamén rodea a feira con actividades paralelas e de animación que fan dela non só unha oportunidade de comprar moito e variado a bo prezo, senón tamén de pasar o día en San Sadurniño.

PROGRAMA

10.00h. APERTURA DE EXPOSITORES – Con venda de planta e artesanía relacionada co mundo floral debaixo da carpa principal. No exterior, produtos da terra, alimentación e maquinaria de xardín e horta.

11.30 a 13.30h. – “A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS” co Mago Antón. O reputado ilusionista chega a San Sadurniño co seu último espectáculo, cargado de humor, sorpresas e moitísima maxia. Durante a mañá ofrecerá tres pases gratuítos: 11.30, 12.30 e 13.30h. O espectáculo, de 50 minutos de duración, desenvolverase nun escenario móbil pechado con capacidade para 70 persoas por sesión.

12.00 a 13.00h. – OBRADOIRO INTANFIL DE ELABORACIÓN DE QUEIXO. Dirixido a rapazada maior de 3 anos. Non require inscrición previa e as nenas e nenos poderán participar segundo vaian chegando.

14.15h. – PRIMEIRO SORTEO DE LOTES DE PRODUTOS DO PAÍS. Os boletos entregaranse con cada compra que se faga na feira.

16.30 a 18.30h. – “A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS”. Segunda quenda de actuacións do Mago Antón, que comezarán ás 16.30, ás 17.30 e a última a partir das 18.30h.

17.00h. – OBRADOIRO INFANTIL DE ELABORACIÓN DE QUEIXO

17.30h. – EXHIBICIÓN DA ASOCIACIÓN BRÍO

19.15h. – SEGUNDO SORTEO DE LOTES DE PRODUTOS DO PAÍS

19.30h. – CLAUSURA DA XXIV FEIRA DA PLANTACIÓN

Todas as persoas que pasen pola feira levarán unha planta de agasallo que, por primeira vez, se entregará nunha bolsiña de papel reciclado.

 

Organiza:

logoconcellofeira

 Colaboran:

LOGO_DEPU_FEIRA

 

logovivergalfeira

 

logo_brio_feira

Share.