San Sadurniño convértese neste día no referente das posibilidades do medio rural a través dun encontro que combina a esencia das feiras de toda a vida coa posta en valor daquelas experiencias que apostan pola sustentabilidade.

Haberá mercado desde primeira hora da mañá -produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man- distribuído polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña.

Entre as actividades paralelas cóntanse as visitas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos con prácticas de poda e enxertado, os obradoiros de lambetadas con froita para a rapazada, a exhibición de acurrado de ovellas con cans e o concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro, sorteos de vales canxeables no comercio local, música tradicional ao vivo e, por suposto,  o concurso de froita que se desenvolverá ao longo da mañá e no que cumprirá inscribirse o mesmo día.

Onde xantar
A feira disporá cun posto de comida, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A GranxaO Muíño do Pepe, Mesón O Ferrador (San Sadurniño), Parrillada Riboira (en Lamas) e Os Cazadores (Santa Mariña do Monte), aínda que convén reservar con tempo de antelación nos que quedan máis preto da feira. Outra opción é vir de merenda e aproveitar algún dos recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).

PROGRAMA DA XIII FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO
27 de agosto de 2022, Leira da Cortiña (Google Maps

10:00h Apertura da feira e exposicións: agroalimentación, artesanía, viveiros, maquinaria e 2ª man. As solicitudes deberán presentarse no Concello ou na Sede Electrónica municipal antes das 14:00h do 23 de agosto. Descarga da folla de solicitude e normas de participación.

10:30 a 13:30h Concurso da Froita Autóctona:
– Inscricións de lotes de froita para concurso de 10:30 a 11:30h na carpa principal. Agasallo dunha froiteira  do país só por participar. Descarga das bases do concurso.
– Premios: tres vales de 75€ canxeables no comercio local.

11:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de enxertado.

12:00h Obradoiro infantil de lambetadas feitas con froita autóctona.

12:30h Visita guiada ao Colmear didáctico.

12:30h Exhibición de pastoreo de ovellas con cans – Asociación ACAPAGAL

13:00h Cata de produtos elaborados no centro colaborativo A Fusquenlla.

14:00h Sorteo de vales para consumo no comercio local valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello.

14:30h Actuación do Cego de Matamá e Aldariña de Candeán.

Na feira haberá espazo para xantar a prezos populares e tamén se pode traer a comida e sentar nalgún dos recunchos do arboreto ou do paseo fluvial. Outra opción é xantar nalgún dos restaurantes da zona (recoméndase reservar con tempo). Listado de aloxamentos, mesóns e casas de comidas (ligazón externa).

TARDE

16:30h Concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro.

17:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de poda de verán.

17:30h Obradoiro infantil de lambetadas feitas con froita.

18:30h Visita guiada ao Colmear didáctico.

18:30h Exhibición de pastoreo de ovellas con cans –  Asociación ACAPAGAL.

18:45h Cata de produtos elaborados no centro colaborativo A Fusquenlla.

19:45h Segundo sorteo de lotes de froita e de vales para consumo no comercio local valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello.

20:15h Clausura da XIII Feira Rural.

Exposicións e actividades paralelas durante toda a xornada:
– Froita autóctona da AGFA do Eume.
– Zapataría artesá con Cristopher Castrodá.
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente.
Raza Can de Palleiro.
– Actuación en distintos puntos da feira da Asociación Cultural Lembranzas da Ría.
Expositor do Concello: Información turística, sobre o Proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal e xeral sobre a feira, ademais de inscricións para as visitas guiadas e obradoiros infantís.

VOLTAR Á PORTADA>>>

Sin título-3_Original ratio_720x234_H_90

Share.