San Sadurniño convértese neste día no referente das posibilidades do medio rural a través dun encontro que combina a esencia das feiras de toda a vida coa posta en valor daquelas experiencias que apostan pola sustentabilidade.
Haberá mercado desde primeira hora da mañá -produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man- distribuído polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña. Na carpa principal poderán atoparse alimentos de calidade e tamén a froita que se presente ao concurso organizado polo Concello e a AGFA do Eume.
A inscrición de postos está aberta até o 28 de agosto e deberá formalizarse presentando no Concello ou na Casa da Cultura esta solicitude, que tamén se pode achegar a través da Sede Electrónica ou por correo postal.
O programa de actividades paralelas inclúe a teceira edición do concurso monográfico da raza Can de Palleiro, obradoiros para a rapazada, exhibicións de cetraría, unha mostra sobre o Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal… Ademais tamén se prevén visitas guiadas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos -situada ao pé da feira- e ao colmear didáctico xestionado pola Casa do Mel de Goente.
Onde xantar
A feira disporá cun posto de churrasco e polbo, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A Granxa, O Muíño do Pepe, Mesón O Ferrador, Parrillada Riboira (en Lamas), Os Cazadores (Santa Mariña do Monte)- e Casa Casal (Igrexafeita), aínda que convén reservar con tempo de antelación nos que quedan máis preto da feira. Outra opción é vir de merenda e aproveitar algún dos recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).
PROGRAMA DA XI FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO
Leira da Cortiña, sábado 31 de agosto
10.00h. Apertura da feira e exposicións: Agroalimentación, Artesanía, Viveiros e 2ª man.
10.30 a 13.30h. Concurso da Froita Autóctona:
– Inscricións de lotes de froita para concurso. De 10.30 a 11.30h. Bases do concurso (.pdf)
– Fallo do concurso da froita. 13.00h.
– Entrega de Premios. 13.30h. (Agasallo dunha froiteira autóctona só por participar)
1º premio: Cesto de produtos ecolóxicos valorado en 100 euros
2º premio: Cesto de produtos ecolóxicos valorado en 75 euros
3º premio: Cesto de produtos ecolóxicos valorado en 50 euros
11.00h. Obradoiro de cosmética natural (maiores de 16 anos)
11.00 a 14.30h. Obradoiro infantil de cociña Chef Solar
11.30h. Primeira visita guiada á horta de froiteiras autóctonas con obradoiro de enxertado
12.00h. Exhibición de cetraría
12.00 a 13.00h. Cata-degustación de viño e sidra feitos no CFEA de Guísamo con uva Branca lexítima -característica da IXP Viños da Terra de Betanzos- e con mazás autóctonas. A proba acompañarase con petiscos de queixo. Os tíckets deben recollerse no posto do Concello
12.00 a 14.00h. Degustación de froita autóctona no Recuncho da froita
12.30h. Primeira visita guiada ao Colmear didáctico. (Inscrición no posto do Concello)
13.00h. Obradoiro infantil de elaboración de queixo
13.45h. Sorteo de cestos con produtos do país (carpa principal, os boletos entregaranse con cada compra)
16.30h. Obradoiro infantil de elaboración de queixo
17.00 a 19.00h. Degustación de froita autóctona no Recuncho da froita
17.00 a 19.00h. XI Concurso monográfico da Raza Can de Palleiro, con premios para os mellores exemplares nas categorías de cachorros, xuvenís e adultos. Información e inscricións aquí.
17.30h. Obradoiro infantil de cerámica
17.30h. Visita guiada á Horta de Froiteiras Autóctonas con obradoiro de poda de verán
18.00h. Obradoiro de xeoloxía: “Os tesouros minerais do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal”
18.30h. Exhibición de cetraría
18.30h. Visita guiada ao Colmear didáctico
19.00h. Obradoiro de cosmética natural (maiores de 16 anos)
19.45h. Segundo sorteo de produtos e lotes de froita autóctona
20.15h. Clausura da XI Feira Rural
Exposicións permanentes 10.30 a 20.00h.:
– Froita Autóctona da Asociación A.G.F.A. do Eume
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente
– Aves de cetraría
– Exemplares do Club da Raza Can de Palleiro
– Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal
Actividades paralelas:
– Baixadas en canoa polo Río Xubia. De 11.00 a 14.30h. e de 15.30 a 19.00h.
– Durante toda a xornada, actuación dos grupos de música tradicional do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
Expositor do Concello:
– Inscricións para visitas guiadas á Horta de Froiteiras e ao Colmear didáctico, así como para as baixadas en canoa e todos os obradoiros. Recollida de tíckets para as degustacións.
– Información turística e mostra sobre o Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.
Para xantar:
No espazo da feira poderase xantar polbo ou churrasco (venda de tíckets no toldo-bar), aínda que tamén hai varios restaurantes próximos para os que se recomenda reservar con antelación.