Venres en Sansa!

0

¿Chégache a noite do venres e non sabes que facer?. ¿Gustaríache facer algo distinto ao de sempre e non se che ocorre nada…?.¿Verdade que prestaría armar algo no que puidesedes participar ti e mailos teus amigos e amigas?. Pois aí che vai a nosa proposta: os Venres en Sansa!.

Os Venres en Sansa! son tres días de lecer alternativo dirixidos, preferentemente, á mocidade de entre 12 e 35 anos. Xa hai tempo que preguntamos a través de enquisas e dos encontros do programa europeo ECMYNN que cousas vos gustaría facer para encher o tempo libre e de que maneira vos podería axudar o Concello. Ademais doutra información importante, dese proceso de participativo saíron unha chea de ideas. Algunhas das máis atrevidas e rechamantes ordenámolas e programámolas para ti os venres 9, 16 e 30 de xuño.

Os Venres en Sansa! enmárcase no programa municipal de actividades para a mocidade e, neste sentido, todo o que hai organizado vai para a xente máis nova. Só poderán entrar nas actividades persoas maiores de 35 anos no caso de que non se dean cuberto prazas. Ademais, tamén terán prioridade persoas empadroadas no concello e as prazas dispoñibles en cada actividade irán cubríndose por orde de inscrición. Se aínda así non se chega ao cupo previsto para cada iniciativa tamén  poderán participar persoas doutros municipios.

Todos os obradoiros e actividades precisan unha inscrición previa. Haberá que cubrir o modelo dispoñible algo máis abaixo e entregalo polas mañás na Casa da Cultura ou polas tardes na Biblioteca municipal. O día límite é o mércores anterior ao venres en que se vaian celebrar os obradoiros nos que queiramos participar. Todos son gratuítos, pero debedes ter en conta que moitos deles se desenvolverán ao mesmo tempo, polo que cómpre repasar antes o programa para ver cales son os que máis nos interesan. Tamén é importante mirar con detemento se debemos levar algo, como roupa recomendable, linternas, bicicleta, o mandil ou incluso o can.

Velaí tes toda a programación, na que este ano introducimos varias novidades. Ah, e lembra descargar aquí o folleto de inscrición que deberás cubrir para apuntarte nunha ou máis actividades. Terás que entregalo na oficina da Casa da Cultura polas mañás de 8.30h a 15.00h. ou polas tardes de 15.30h. a 20.30h. na Biblioteca.

Venres 9 de xuño
Obradoiro de drons
Horario: 19.00 a 21.00h.
Nº de prazas: 12
Lugar: Pavillón polideportivo municipal
Idades: 12 a 35 anos
Introdución ao Mindfulness
Horario: 21.00h. a 23.00h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Casa da Cultura
Requisito: esterilla e coxín
Idades: 12 a 35 anos
Zumba
Horario: 21.45 a 23.00h.
Nº de prazas: 20
Lugar: Pavillón do CPI
Idades: 12 a 35 anos
Obradoiro de Agility
Horario: 23.00 a 01.00h.
Nº de prazas: 9 persoas con can
Lugar: Patio cuberto do CPI
Idades:12 a 35 anos
Ruta Btt nocturna
Horario: 23.15h.
Nº de prazas: –
Lugar: saída do CPI
Requisito: casco e luz frontal
Idades: máis de 12 anos

 

Venres 16 de xuño
Paintball
Horario: 19.00 a 22.00h.(3 quendas)
Nº de prazas: 60 (20 por quenda)
Lugar: Presa do paseo fluvial
Idades: 12 a 35 anos
Campionato de Playstation e Wii
Horario: 20.00h. a 1.00h.
Nº de prazas: –
Lugar: Casa da Cultura
Idades: 12 a 35 anos
Obradoiro de Agility
Horario: 21.00 a 23.00h.
Nº de prazas: 9 persoas con can
Lugar: Patio cuberto do CPI
Idades: 12 a 35 anos
Obradoiro de Cociña creativa
Horario: 23.15 a 01.00h.
Nº de prazas: 15
Lugar: Patio cuberto do CPI
Idades:12 a 35 anos

 

Venres 30 de xuño
Tirolina xigante
Horario: 19.00 a 21.00h.
Nº de prazas: –
Lugar: Xardíns municipais
Idades: 12 a 35 anos
Guateque xuvenil
Horario: 21.30h. a 00.30h.
Nº de prazas: –
Lugar: Casa da Cultura
Idades: 12 a 35 anos
Obradoiro de astronomía
Horario: 23.00 a 01.00h.
Nº de prazas: 20 persoas
Lugar: Arboreto autóctono da Cortiña
Idades: 12 a 35 anos
Ruta de sendeirismo nocturna
Horario: 22.30h.
Nº de prazas: 40
Lugar: saída do CPI
Idades:12 a 35 anos

 

Share.