O Sons na Cortiña é unha cita dirixida principalmente á mocidade que se celebra no mesmo espazo que a Feira Rural, aínda que un día despois. Malia que a programación está pensada para a xente nova, a maior parte das propostas son aptas -e están abertas- para calquera idade, en especial para un público familiar.
Desta vez haberá unha chea de obradoiros e, sobre todo, moita música.
PROGRAMA:
12.00h. – 18.00h. Obradoiros:
-Circo
-Pulseiras, camisetas e chapas
-Xogos xigantes, crebacabezas, Dinosauros 3D
14.00h. Sesión vermú con Os Modernos
16.00h. Videoquedada Instagram – Sigue a conta @concellosansa.
16.00h.-18.00h. Loita de sumo
17.00h. Espectáculo de humor e circo “Circus Magníficus”
Concertos:
18.00h. THE KIDS BAND
19.15h. DE VACAS
20.30h. NATURAL GREEN
Ademais, tamén teremos espazo para food-trucks e zona de merendadas.
COLABORAN: Deputación da Coruña e Asociación AC/DZ