O Sons na Cortiña é unha cita dirixida principalmente á mocidade que se celebra no mesmo espazo que a Feira Rural, aínda que un día despois. Malia que a programación está pensada para a xente nova, a maior parte das propostas son aptas -e están abertas- para calquera idade, en especial para un público familiar.
Desta vez haberá unha chea de obradoiros e, sobre todo, moita música.
PROGRAMA:
11.00h. – 12.00h. Andaina solidaria contra o cancro da AECC e a Asociación Cultural Brío: Inscricións desde as 9.30h. -haberá quecemento con Zumba ás 10.30h.- ou na web da AECC. Prezo xeral de 5€ e de 3€ para rapazada menor de 14 anos. Tamén se poderán mercar camisetas e outro merchandising da cita, que leva o título “San Sadurniño en marcha”. Itinerario.
12.30h. – Exhibición de hip-hop da Asociación Brío
13.15h. Sesión vermú co grupo Batukada da Asociación Concienciarte
15.00h. – 18.00h. Actividades en familia:
-Área de xogos tradicionais e populares
-Área de Circo
-Obradoiro de chapas
-Circuito de coches a radio control
Concertos:
17.30h. UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA – vídeo
18.45h. THE TETAS VAN – web
COLABORAN: Deputación da Coruña, Asociación Cultural Brío, ConcienciArte Cultura colectiva