O Sons na Cortiña é unha cita dirixida principalmente á mocidade que se celebra no mesmo espazo que a Feira Rural, aínda que un día despois. Malia que a programación está pensada para a xente nova, a maior parte das propostas son aptas -e están abertas- para calquera idade, en especial para un público familiar.
Música, obradoiros, xogos e o fantástico entorno do paseo fluvial do Xubia compoñen unha oferta de lecer ideal para pasar a tarde do derradeiro domingo de agosto.
PROGRAMA:
13.30h. Sesión vermú con De Ninghures
15.30h. – 17.30h. Obradoiros:
-Percusión con material de refugallo
-Área de malabares e de equilibrismo (durante toda a xornada)
17.30h. Peter Punk “Peor imposible”
18.30h. Gramola Gominola “Cancións para desafinar”
19.45h. Pablo Balseiro & Los Cascarillas
Ademais, tamén teremos espazo para xantar a cuberto. Podedes traer a comida e vir de merendada ou picar algo no toldo, xestionado pola asociación cultural AC/DZ. Outra boa opción é xantar nalgún dos restaurantes e mesóns da zona: Mesón A Granxa, O Muíño do Pepe, Mesón O Ferrador, Parrillada Riboira (en Lamas), Os Cazadores (Santa Mariña do Monte)- e Casa Casal (Igrexafeita).
Colabora: Deputación da Coruña