Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega para o ano 2024 (IN201G)

0

Axudas para o fomento da comercialización da artesanía galega, dirixidas a persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

  1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección primeira (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

 Actuacións subvencionables:

  1. Titulares dos obradoiros artesanais. Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais: Feiras profesionais de artesanía, feiras non profesionais e feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2023/24. As ditas feiras deberán ter indubidable interese comercial para o sector artesanal galego.
  1. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns: A organización de feiras de artesanía. O mantemento da páxina web

Gastos subvencionables:

1) Son gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a:

  • Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.
  • Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.
  • O transporte do material expositivo realizado por un transportista profesional.
  • No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.

2) Son gastos subvencionables para a organización de feiras:

  •  A infraestrutura e os servizos propiamente feirais.
  • A publicidade.
  • As demostracións de oficios artesanais en vivo e obradoiros artesanais divulgativos.

3) Son gastos subvencionables da páxina web:

  • Os gastos de mantemento e actualización de contidos.
  • As ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).
  • A imaxe dixital (fotografía, vídeos, etc…)

NON se consideran gastos subvencionables:

  • Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos puntos anteriores), axudas de custo de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.
  • Gastos emanados da participación en feiras: no caso de que a organización do evento, concellos e asociacións profesionais de artesáns, xa fosen beneficiarias dunha subvención para os gastos de infraestrutura e os servizos propiamente feirais, ou no caso de que a feira contase cunha axuda financeira da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
  • Organización e celebración de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de custo de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.
  •  Organización, celebración e participación de feiras de carácter gastronómico, turístico e festivais musicais.
  • Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
  • Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionados coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Prazo de solicitude: ata o 29/07/2024.

Cantidade:

  1. Titulares dos obradoiros artesanais:o importe máximo de ata o 80% do investimento subvencionable e non poderá superar 8.000,00 € de axuda, IVE excluído(o reparto interno desta cantidade varía en función das actuacións que se subvencionen)
  1. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns: o importe máximo de ata o 80% do investimento subvencionable (as cantidades varían en función das actuacións que se subvencionen)

Ligazón á normativa

 

Share.