Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas para o ano 2024, con carácter plurianual (TU986B)

0

Axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en empresas turísticas. Dirixidas a persoas físicas e xurídicas que estean dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria e que sexan titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, en concreto:

a) Os establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares)

 Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) e grandes empresas que proxecten levar a cabo un proxecto localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do  regulado nas presentes bases.

 Actuacións subvencionables: Considéranse actuacións subvencionables aquelas que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.

Pódense diferenciar as seguintes tipoloxías de proxectos subvencionables:

  • Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica. O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €.
  • Mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, reguladas polo Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE). O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €. Tipos de actuacións:

B.1. Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica.

B.2. Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica.

B.3. Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas.

B.4. Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas anteriores.

  • Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo. O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €.
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.
  • Renovación de electrodomésticos. O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.
  • Sistemas de automatización e control. O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €.

Gastos subvencionables

a) Os honorarios profesionais satisfeitos para a elaboración, polo/a técnico/a competente, dos certificados de eficiencia enerxética.

b) Os custos de xestión de solicitude da axuda.

c) Os custos da redacción dos proxectos técnicos.

d) Os custos da dirección facultativa das actuacións.

e) Os custos de execución das obras e/ou instalacións.

f) O investimento en equipamentos e materiais efectuado.

g) Os custos de redacción de informes e demais documentación requirida.

h) Os custos de xestión da xustificación da realización das actuacións.

i) O informe xustificativo que acredite a adecuada realización das actuacións obxecto da axuda, emitido por un organismo de control ou entidade de control.

j) Cando, por motivo da actuación, sexa necesario retirar aqueles produtos de construción que conteñan amianto.

k) Os custos para implantar as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir os criterios da «Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente».

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre a data de presentación da solicitude de axuda e o 30 de abril de 2025.

Prazo de solicitude: ata o 14/11/2024.

Cantidade: A intensidade da axuda será ata un 70 % do custo total subvencionable do proxecto. Poderán optar a unha axuda dun 10 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 20 %, sen que o total da axuda poida exceder do 80 % do custo total subvencionable. Poderán optar a unha axuda dun 20 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 30 %, sen que o total da axuda poida exceder do 90 % do custo total subvencionable.

Ligazón á normativa

 

Share.