Concesión das subvencións da Axencia de Turismo de Galicia para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención ou ao seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística e/ou da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES. Hai dúas categorías de persoas beneficiarias:
Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local, recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.
Actuacións subvencionables: Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade e sustentabilidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística e/ou da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES, correspondentes ao ano 2024 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2024. Concretamente, serán subvencionables:
- Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTES.
- Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q e/ou da marca S no ano 2024, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTES ao establecemento.
En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Prazo de solicitude: ata o 08/07/2024
Cantidade: A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que alcancen os proxectos presentados, segundo se detalla a continuación:
Puntuación | % axuda |
71-100 puntos | 70 % |
41-70 puntos | 65 % |
0-40 puntos | 60 % |
En calquera caso, as subvencións concedidas non poderán superar os seguintes límites máximos:
- 2.000,00 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q (3.000,00 euros se inclúen proceso da marca S). No caso de solicitar unicamente 1ª certificación e/ou renovación da marca S, 1.000,00 euros.
- Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice mediante a modalidade multisite (cubrindo unha mostra de todas as instalacións), o importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000,00 euros para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q (4.000,00 euros se inclúen proceso da marca S) e de 2.000,00 euros para procesos de seguimento (3.000,00 euros se inclúen proceso da marca S)