Publicado o listado provisional de admisións da quenda de agosto da Aldea de Verán

0

A área municipal de Igualdade acaba de publicar no tablón de anuncios municipal o listado anonimizado de crianzas admitidas na quenda de agosto do programa educativo e de conciliación Aldea de Verán. Aceptáronse a totalidade das peticións, de maneira que serán 25 nenas e nenos as que participen na segunda parte do campamento. O listado permanecerá en exposición pública durante tres días hábiles, é dicir, desde hoxe até o venres. Dado que todas as solicitudes foron admitidas, o máis probable é que non se reciban alegacións e que o listado se eleve a definitivo automaticamente. As familias que non o fixesen aínda poderán formalizar daquela a matrícula.

Na lista figuran as referencias de 16 pequenas e pequenos con empadroamento en San Sadurniño ou con vinculación co municipio que van participar na Aldea de Verán durante xullo e agosto, xa que neses casos as familias puideron presentar a solicitude para os dous meses xa no mes de xuño.

A elas e eles súmanse agora outras 9 nenas e nenos que só asistirán no mes entrante: catro con empadroamento en San Sadurniño, dúas solicitudes que non pertencen a cativería de San Sadurniño pero que si está matriculada no CPI e, por último, outras tres que non teñen vinculación algunha co municipio, pero que tamén se admiten na Aldea de Verán por haber aínda prazas dispoñibles trala asignación preferente.

Tan pronto como o listado se eleve a definitivo, non antes, as familias deberán confirmar a matrícula no prazo dos tres días seguintes, aboando o importe que corresponda segundo as circunstancias e a modalidade de servizo elixida.  Os prezos en vigor para este ano son estes:

Horario de 8:00 a 15:00h Horario de 9:00 a 15:00h
1º membro da familia 110 € / 99 €* 80 € / 72 €*
2º membro da familia 75 € / 68 €* 50 € / 45 €*
3º membro da familia 45 € / 41 €* 30 € / 27€*

Listado provisional Aldea de Verán agosto

Folla de información xeral
Ficha de solicitude
Folla de autorización de representación

Share.