Provisión dunha praza de técnico/a de xestión mediante promoción interna

0

A Xunta de Goberno Local do Concello de San Sadurniño, en sesión do 21 de xuño de 2021, aprobou as Bases para a provisión por concurso-oposición mediante promoción interna dunha praza de técnico/a de xestión. A convocatoria saiu publicada  no BOP do 29 de xuño de 2021 e nela indicábase a apertura dun prazo de 20 días naturais para presentar as correspondentes solicitudes unha vez que o anuncio tamén se fixese efectivo no Boletín Oficial do Estado, diario no que se publicou con data do 5 de agosto de 2021.

Deste xeito, e tras completarse o prazo de presentación (que rematou o 25 de agosto), o BOP publicou o pasado 20 de setembro de 2021 a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección, dándo un prazo de tres días hábiles para formular alegacións.

Tras comprobarse que non houbo ningunha, o listado elévase a definitivo por resolución da Alcaldía, onde ademais tamén se informa da composición do tribunal avaliador e da data e hora da celebración da proba práctica, que terá lugar na Casa do Concello o venres 8 de outubro ás 12:00h. O tribunal reunirase ás 11:00h para facer a valoración dos méritos da fase de concurso.

Documentación relacionada:
Anuncio e bases publicadas no BOP do 29/06/2021
Anuncio publicado no BOE do 05/08/2021
Anuncio coa relación provisional de persoas admitidas/excluídas (publicado no BOP do 20/09/2021)
Resolución  coa relación definitiva e convocatoria da proba práctica e da valoración de méritos
Corrección de erro material na redacción do decreto coa relación definitiva

Resolución de nomeamento de funcionaria (publicada no BOP do 18/10/2021)

 

Share.