O LAB LGBT+ convoca unha nova xornada formativa para familias e profesorado

0

O Laboratorio de Apoderamento LGBT+ é un proxecto promovido pola cooperativa Rexenerando co apoio da Deputación da Coruña que, principalmente, busca avanzar na normalización e sensibilización sobre as diversidades afectivas entre a rapazada e a mocidade de varios centros educativos da zona.  Na iniciativa, ademais da área provincial de Igualdade, están implicados os concellos de San Sadurniño, Fene, Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño. Tras o comezo en outubro do traballo nas aulas, nestas semanas o LAB LGBT+ ten en marcha as formacións sobre diversidade sexual con docentes e familias. En San Sadurniño estas actividades estaban programadas para o 4 e o 11 de novembro. Porén, a última das datas cancelouse e pasouse para o venres 29 entre as 16:30 e as 18:30h na Casa da Xuventude. As inscricións, totalmente gratuítas, hai que facelas a través desta ligazón.

A formación está orientada principalmente a nais e pais da comunidade escolar, aínda que os obradoiros tamén están abertos a calquera persoa adulta interesada en participar, tanto se son familiares da rapazada implicada no programa, como doutros niveis do centro de ensino.

A actividade é de balde e as prazas son limitadas. As inscricións poden facerse até o xoves 28 no formulario dispoñible la ligazón i.gal/LAB_LGBT_ADULTAS. Para ampliar información e solventar dúbidas ao respecto das actividades que se están desenvolvendo dentro do LAB LGTB+ tamén se pode contactar coa cooperativa Rexenerando no  correo  info@rexenerando.com, e nas redes do LAB: @laboratorio_lgbt.

O segundo dos obradoiros do LAB LGBT+ desenvolveranse na Casa da Xuventude o venres 29 en horario de 16:30 a 18:30h, despois de que a anterior data programada tivese que ser suspendida. Desde a área de Igualdade, que coordina a iniciativa en San Sadurniño con Rexenerando e a dirección do CPI, apúntase que no encontro tamén vai colaborar a Asociación Cultural Brío, unha das máis activas do concello en canto a sensibilización da rapazada.

o Laboratorio de Apoderamento LGBT+, un programa de innovación educativa sobre diversidade sexual que promovemos dende Rexenerando S. Coop. Galega na comarca de Ferrolterra neste 2024 grazas ao financiamento da Deputación da Coruña.

O LAB LGBT+ é un proxecto da Cooperativa Rexenerando co apoio da Deputación da Coruña que se está levando a cabo en varios centros de ensino da nosa comarca, co obxectivo de crear de espazos educativos máis seguros e inclusivos coa diversidade, fomentando ademais a creación de rede entre o alumnado, as administracións locais, docentes e familias.

Share.