Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga

0

Convocatoria, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2024/25, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida.

Asignación de prazas: No momento de cubrir o formulario de inscrición, a aplicación asignaralle un número a cada solicitude, independentemente da escola e curso solicitado. Para a asignación de prazas o sistema informático obterá un número de corte por curso a partir do cal se asignarán as vacantes dispoñibles.

  • O día 16 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido nos cursos do primeiro cuadrimestre
  • O día 26 de novembro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido nos cursos do segundo cuadrimestre

 

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
  • Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Prazo de presentación de documentación:

  • Ata o 19 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
  • Ata o 29 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS CELGA (60 horas presenciais)

Poderán facelos as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.

 Datas de realización dos cursos: As datas de inicio e remate dos cursos que figuran son orientativas. As datas concretas de inicio faranse públicas nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso e na súa páxina web.

EOI de Ferrol. Teléfono: 881 93 84 00.  eoi.ferrol@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin Horarios Días
Mañá Tarde
Celga 4 Setembro 2024 Decembro 2024 ——————– Das 16.00 ás 18.30 horas Martes e xoves

 EOI da Coruña. Teléfono: 981 27 91 00.  eoi.corunha@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin Horarios Días
Mañá Tarde
Celga 3 Setembro 2024 Decembro 2024 Das 9.30 ás

11.30 horas

——————– Mércores e venres
Celga 3 Setembro 2024 Decembro 2024 ——————– Das 17.30 ás 19.30 horas Martes e xoves
Celga 4 Febreiro 2025 Maio 2025 Das 9.30 ás

11.30 horas

——————– Mércores e venres
Celga 4 Febreiro 2025 Maio 2025 ——————– Das 17.30 ás 19.30 horas Martes e xoves

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (75 horas de duración)

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos a empregadas/os públicas/os da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o persoal sanitario.

Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa as/os aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes.

Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregadas/os públicas/os e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregadas/os públicas/os.

As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con dúas preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, a/o alumna/o deberá optar por un só curso nunha soa escola.

Datas de realización dos cursos: Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o día 30 de setembro de 2024 e rematarán o 1 de decembro de 2024. Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 17 de febreiro e rematarán o 27 de abril de 2025.

Relación de cursos de linguaxe administrativa en liña ofertados

 EOI da Coruña. Teléfono: 981 27 91 00.  eoi.corunha@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin
Superior Outubro 2024 Decembro 2024
Superior Febreiro 2025 Maio 2025

EOI de Santiago de Compostela.Teléfono: 881 86 79 01/881 86 79 02. eoi.santiago@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin
Medio Outubro 2024 Decembro 2024
Superior Febreiro 2025 Maio 2025

EOI de Lugo. Teléfono: 982 82 92 30. eoi.lugo@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin
Medio Outubro 2024 Decembro 2024
Medio Outubro 2024 Decembro 2024
Medio Febreiro 2025 Maio 2025
Superior Febreiro 2025 Maio 2025
Superior Febreiro 2025 Maio 2025

EOI de Ourense. Teléfono: 988 36 60 73.  eoi.ourense@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin
Medio Outubro 2024 Decembro 2024
Superior Febreiro 2025 Maio 2025

EOI de Pontevedra. Teléfono: 886 15 91 16.  eoi.pontevedra@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin
Medio Outubro 2024 Decembro 2024
Superior Febreiro 2025 Maio 2025

EOI de Vigo. Teléfono: 986 26 02 10. eoi.vigo@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin
Superior Outubro 2024 Decembro 2024
Medio Febreiro 2025 Maio 2025

EOI de Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 56 64 40. eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal

Nivel Data de inicio Data de fin
Medio Outubro 2024 Decembro 2024
Superior Febreiro 2025 Maio 2025

 Ligazón á convocatoria

 

Share.