Contratación por vía de urxencia de dúas persoas para o SAF

0

O Concello de San Sadurniño conta cunha bolsa de traballo para a contratación de persoal auxiliar de axuda no fogar, para cubrir baixas e outras necesidades temporais.

Neste momento é preciso contratar dúas persoas para cubrir as baixas por incapacidade temporal de senllas auxiliares e, porén, ningunha das persoas que forman parte da bolsa quere ou pode asumir esa contratación.

Por este motivo, e debido á obrigatoriedade e necesidade de cubrir o servizo das persoas usuarias, é preciso proceder á contratación por vía de urxencia de dúas persoas auxiliares de axuda no fogar.

Os contratos faranse mediante procedemento de concurso-oposición, partindo dun listado de persoas aspirantes que cumpran os requisitos. Ese listado solicitóuselle ao Servizo Público de Emprego de Galicia, de cara a iniciar a selección no prazo máis breve posible.

Cómpre ter en conta que, ao tratarse dunha petición de aspirantes ao SPEG, non haberá prazos de presentanción de instancias, senón que só participarán no proceso as persoas que comunique este servizo dependente da Xunta, tomando como referencia aquelas que consten na súa base de datos como demandantes de emprego dentro do perfil laboral que precisa o Concello.

As bases polas que se rexerá o procedemento poden descargarse desde aquí.

Acta das entrevistas e valoración de curriculum

Share.